Cursos

Formación a nenos e xóvenes

Formulario Reserva de cursos

(O envío do formulario non implica matriculación nos cursos ou talleres, trátase dunha reserva, posteriormente tramitarase a matrícula cando se teña máis información (duración, lugar, custo, ...).

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

Edade:
 8 9 10 11 12 13 14 15 16

Dúbidas, observacións, ...

O aumento do uso de Drones en diversos sectores, xunto á popularidade destes novos sistemas nos medios de comunicación como profesión de futuro fai que o interese e a demanda de formación vaia crecendo na sociedade.

Dende Alicornio estamos a traballar con diversas administracións para levar a cabo un taller de formación sobre DRONES para nenos e nenas, onde ademais de fabricar o teu propio DRON, sentarán as bases do coñecemento neste tipo de dispositivos e os seus usos. Incluirase un kit de electrónica para construír un DRON de radiocontrol ensamblando motores eléctricos, controladora de voo e variadores para controlar o seu voo así como emisora e receptor.

Montar o teu propio Dron, coñecer os seus compoñentes e aprender a manexalo sentará as bases do futuro operador de vehículos aéreos manexados por control remoto. Aspectos legais, seguridade e usos completarán unha actividade divertida e apaixonante para os que desexen pasalo ben e quizais dedicarse de forma profesional no futuro.

Dirixido a nenos e nenas de 8 a 15 anos. Non son necesarios coñecementos previos.

Esperámosche en Alicornio!